Coidado das zonas verdes e integración laboral en Ribadumia

O Salnés
07 de outubro 2025
Actualizado: 18:28

Un equipo de tres e catro operarios con TEA e discapacidade intelectual realiza traballos de xardinería en oito rotondas do concello

David Castro, alcalde de Ribadumia, observa os traballos do persoal de BATA nunha rotonda
David Castro, alcalde de Ribadumia, observa os traballos do persoal de BATA nunha rotonda / Concello de Ribadumia

O Concello de Ribadumia estableceu unha colaboración con BATA Servicios Integrales a la Comunidad C.E.E. para garantir o coidado dos espazos verdes do municipio.

Esta iniciativa permite manter en bo estado as zonas públicas ao tempo que favorece a integración laboral de persoas con TEA e discapacidade intelectual.

O equipo de traballo, formado por tres ou catro operarios, segundo a xornada, baixo a supervisión dun responsable, desenvolve múltiples tarefas de mantemento.

Entre as súas funcións destacan a limpeza de matogueiras mediante roza manual e mecánica, o corte de céspede, o perfilado de perímetros, o recorte de sebes e a poda de árbores.

Todos os restos orgánicos reciben un tratamento sostible que respecta o medio ambiente, segundo o Concello.

As actuacións centránse en oito rotondas estratéxicas do concello: Castaños, cemiterio de Sisán, Santa Marta, Polígono, piscina municipal, Leiro, Lois e Lomba.

Durante os meses de verán, cando a vexetación experimenta maior crecemento, os traballos realízanse practicamente cada semana. O resto do ano, as intervencións adaptan a súa periodicidade ás necesidades específicas de cada zona.

Persoal de BATA Servicios fala co alcalde de Ribadumia
Persoal de BATA Servicios fala co alcalde de RibadumiaConcello de Ribadumia