Colectivos ecoloxistas súmanse ao rexeitamento á creación dun encoro no río Oitavén e o transvasamento no Verdugo

Ponte Caldelas
07 de maio 2022

Greenpeace, Adega, APDR, A Rente do Chan-Pladever, Petón do Lobo, Contraminate, AEMS-Ríos con vida, Blue Rievers Foundation, Sos Suido Seixo e Ecoloxistas en Accións sumaronse á veciñanza no rexeitamento do estudio que propón a creación dun encoro no río Oitavén e o trasvasemento no Verdugo como solución para abastecer de auga a Vigo e ao sur da provincia de Pontevedra

Asemblea da Plataforma pola Defensa dos ríos Verdugo e Oitavén-Encoro Non
Asemblea da Plataforma pola Defensa dos ríos Verdugo e Oitavén-Encoro Non / Plataforma pola Defensa dos ríos Verdugo e Oitavén-Encoro Non

Greenpeace, Adega, APDR, A Rente do Chan-Pladever, Petón do Lobo, Contraminate, AEMS-Ríos con vida, Blue Rievers Foundation, Sos Suido Seixo e Ecoloxistas en Accións sumaronse á veciñanza no rexeitamento do estudio que propón a creación dun encoro no río Oitavén e o trasvasemento no Verdugo como solución para abastecer de auga a Vigo e ao sur da provincia.

O movemento ecoloxista asinou o manifesto da Plataforma pola Defensa dos ríos Verdugo e Oitavén-Encoro Non, que celebrou a súa asemblea aberta constituínte este sábado no Centro Sociocultural de Forzáns.

Por outra banda, os asistentes á asemblea renovaron o seu compromiso de participar en todas as mobilizacións e actos de protesta que se celebren en contra do encoro e o transvasamento, polo que a Plataforma asistirá á manifestación convocada para este domingo diante do Consistorio de Ponte Caldelas.

Ademais, dentro dunha serie de actuacións de protesta e sensibilización social, está previsto realizar unha xornada de limpeza e erradicación e especies invasoras no río Oitavén ademais de conmemorar a Gran Semana da Biodiversidade cun estudo sobre a flora e fauna no tramo que se vería afectado polo encoro, entre Forzáns e Vilán.

Por último elixiuse a Pilar Fernández, presidenta da Asociación de  Veciños de Forzáns, como voceira da plataforma.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en