Ás 11 da mañá deste mércores rexistrouse unha colisión múltiple na avenida de Pontevedra en Vilagarcía na que se viron implicados 5 vehículos co resultado de tres feridos de escasa consideración que, malia iso, foron trasladados ao Hospital do Salnés situado escasa distancia do lugar do suceso.
Segundo informou o Concello de Vilagarcía o accidente produciuse no momento no que comezaba a chover con gran intensidade.
Entre os vehículos afectados había dous turismos, dous camións e unha furgoneta.
A Garda Civil instrúe o atestado deste accidente que tivo lugar no punto quilométrico 235 da N-640.