Colón volveu conquistar Combarro

Poio
10 de xullo 2016

A sétima edición da festa de celebración do Día de Cristovo Colón remataba este sábado con diversas actividades na parroquia máis turística de Poio

Celebración do Día de Colón en Combarro 2016
Celebración do Día de Colón en Combarro 2016 / Diego Torrado

Representacións teatrais, unha carabela, xustas medievais e traxes de época situaron durante este sábado a Combarro no túnel do tempo para achegar aos visitantes á época do descubrimento de América durante a celebración do Día de Colón.

A parroquia máis turística do Concello de Poio acolleu numerosas actividades nesta festa na que se reivindica a orixe galega de Cristovo Colón. O venres, a pregoeira Milagres Bará, colaboradora de PontevedraViva, defendía esta teoría asegurando que o descubridor era de Porto Santo, tal e como sinalaba o seu avó.

Durante todo o sábado realizáronse recreacións medievais coa presenza de falcóns e os máis intrépidos puideron practicar o tiro con arco enuna festa que, cada ano, acolle a un maior número de visitantes.

O propio presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, realizou un percorrido pola zona aproveitando o bo tempo.