Combarro recupera o mercado ambulante sen incidencias

12 de maio 2020

Neste martes 12 de maio, o mercado ambulante só con postos de alimentación ou relacionados co sector agrícola volvía á Praza da Chousa, despois de dous meses de suspensión motivada polo estado de alarma

Mercado ambulante de Combarro, primeira xornada despois do parón durante o confinamento
Mercado ambulante de Combarro, primeira xornada despois do parón durante o confinamento / Concello de Poio

Tres postos de venda establecéronse este martes 12 de maio na Praza da Chousa na recuperación do mercado ambulante de Combarro, no municipio de Poio.

Esta actividade suspendeuse con motivo do estado de alarma decretado polo Goberno central a principios de marzo. A volta á actividade obrigou a manter as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para evitar  contagios. 

Os vendedores tiñan que realizar as vendas con máscaras e luvas. A Policía Local de Poio pasou revista a estes postos para confirmar que se estaban cumprindo os protocolos de distancia social. Non se rexistraron incidencias nesta primeira xornada de reactivación.

Polo momento, só pódense instalar neste mercado aqueles comerciantes que ofrezan alimentos ou produtos relacionados co sector agrícola.