362.000 euros investiranse nas obras que se iniciaban este luns 26 en Reboredo, no Concello de Campo Lameiro, co obxectivo de construír unha nova rede de saneamento.
Luís López, delegado territorial da Xunta en Pontevedra, e Carlos Costa, alcalde de Campo Lameiro, achegáronse ata a zona para comprobar o inicio dos traballos que se desenvolven na parroquia de Fragas e que se executarán ao longo de catro meses. Dotarán de servizo a ao redor de setenta persoas residentes neste punto do municipio.
O representante da Xunta indicou que se trata dunha obra fundamental para unha contorna que precisa deste servizo e que ten unha execución complexa e un orzamento elevado, polo que foi necesaria a participación da Xunta para financiar o proxecto.
Construiranse seis colectores e unha rede de 1.386 metros de canalizacións e tubaxes que permitirán que as augas residuais urbanas das vivendas trasládense á depuradora da Laxe onde serán tratadas.
Estes traballos son realizados por Augas de Galicia, cun financiamento procedente de fondos Eixe-React UE do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 da Xunta.