A partir deste próximo sábado arranca a tempada de furanchos en Pontevedra. A nova ordenanza municipal establece que estes establecementos poderán abrir durante catro meses, do 1 de marzo ao 30 de xuño.
Unha vintena de viticultores acolléronse a este novo marco legal que regula a súa actividade. Os primeiros en abrir as súas portas serán os dous loureiros situados en Tomeza e Campañó. E nas semanas seguintes abriá outro en Tomeza, un en Xeve, dous en Bora, dous en Campañó, tres en Salcedo, un en Cerponzóns, tres en Mourente e seis en Marcón.
Entre outras cuestións, xunto ás tradicionais ramas de loureiro haberá un distintivo oficial "Furanchos de Pontevedra".
Para acompañar ao viño un menú composto por tan só cinco tapas: táboa de embutidos, orella e chourizo, zorza, tortilla e pementos de Padrón ou empanada.
O horario será de luns a venres de 17.00 a 00.00 horas; sábados, domingos e festivos de 12.00 a 01.00 horas.