Comeza o cribado entre colectivos especialmente expostos

Pontevedra
21 de setembro 2020

Desde este luns, profesionais do sector da hostalería dos concellos de Pontevedra, Poio, Marín e Vilaboa están a someterse a probas PCR

Cribado con test PCR entre colectivos especialmente expostos
Cribado con test PCR entre colectivos especialmente expostos / Mónica Patxot

Desde este luns, profesionais do sector da hostalería dos concellos de Pontevedra, Poio, Marín e Vilaboa están a someterse a probas PCR.

Trátase de cribados preventivos que están dirixidos a aqueles colectivos especialmente expostos polo que á hostalería seguiralle o sector do taxi, o de axuda no fogar e os policías locais. A medida aplícase nestes catro municipios debido ás restricións especiais que teñen por mor da situación epidemiolóxica.

Desde a administración sanitaria habilitáronse quendas de mañá e tarde para poder facer este elevado número de probas.

O punto de extracción de probas situouse ao fondo do aparcamento lateral exterior do Hospital Provincial de Pontevedra, con acceso pola rúa Loureiro Crespo.

A través de sinais no chan ao longo do aparcamento habilitouse un circuíto diferenciado de acceso e saída de persoas ao recinto para axilizar o traballo e evitar atascos.