Comeza o curso escolar coa novidade do bus compartido

Pontevedra
11 de setembro 2017

A Xunta de Galicia indica que se vai desenvolver un plan especial de inspeccións para garantir o bo funcionamento do sistema coa colaboración da Garda Civil e afirma que cada liña de uso compartido contará coa presenza dun acompañante

Autobús de transporte escolar
Autobús de transporte escolar / Mónica Patxot

Este luns comeza escolar cunha gran novidade, a posta en marcha da modalidade de autobús compartido, que ofrece a posibilidade de que outros cidadáns ocupen as prazas baleiras das 513 liñas de transporte escolar que se atopan en activo en Galicia.

As rutas incluídas nesta modalidade identifícanse co distintivo "Bus compartido", que deberán mostrar estes vehículos nun lugar visible.

Segundo a Xunta de Galicia, os horarios, as paradas e os itinerarios do transporte escolar permanecerán intactos, agás por aquelas modificacións derivadas das necesidades educativas, que se adoitan producir no inicio do curso.

As empresas titulares deberán publicitar os horarios dos servizos e as modificacións que se rexistren. Os responsables de realizar o servizo atenderán con carácter prioritario as necesidades do alumnado.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda alerta de que se vai a desenvolver un plan especial de inspeccións no que contará coa colaboración da Garda Civil para velar polo correcto funcionamento do sistema. Ademais, anuncia que todas as liñas de autobús compartido contarán coa presenza dun monitor acompañante.