Comezan as obras de fresado en Eduardo Pondal

Pontevedra
18 de xuño 2019

Durante esta xornada de martes, segundo a información da Policía Local, queda pechado o sentido de circulación dende Augusto García Sánchez cara Eduardo Pondal. A rúa Germán Adrio estará cortada, agás para os servizos e residentes

Obras de fresado en Eduardo Pondal
Obras de fresado en Eduardo Pondal / PontevedraViva

Este martes iniciábanse as obras de fresado en Eduardo Pondal na intersección con Uxío Novoneyra, previstas para esta semana.

Segundo as previsións que traslada a Policía Local de Pontevedra, ao longo do día vai poderse circular desde as rúas Estación e 12 de Novembro ata a Praza de Galicia con normalidade. Tamén se poderá acceder a Uxío Novoneyra.

Permanecerá pechado ao tráfico o tramo entre Augusto García Sánchez ata Eduardo Pondal e a rúa Xermán Adrio. Estas vías só poderán ser empregadas por vehículos de servizos e residentes.

Durante as primeiras horas desta xornada non se rexistraron incidencias de consideración malia as estriccións de circulación na zona, que provocaron a presenza de tráfico lento noutras rúas próximas.

Este mércores 19 de xuño, de 08:30 a 13:30 horas, repítense as mesmas restricións e permisos que na xornada anterior. De 15:00 a 21:00 horas, manténse o peche do sentido circulatorio dende Augusto García Sánchez cara Eduardo Pondal. A circulación por Xermán Adrio Sobrido continuará con restricións e vai permitirse o acceso e saída de garaxes. Péchase o acceso á rúa Uxío Novoneyra dende a rúa Eduardo Pondal e realízase a inversión da rúa Profesor Filgueira Valverde e do tramo de Joaquín Costa entre Antón Fraguas e Cobian Areal.

Para realizar estes traballos de tarde retírase o estacionamento da rúa Profesor Filgueira Valverde e da rúa Joaquín Costa, no tramo entre Antón Fraguas e Cobian Areal.