Comezan as obras de mellora da rúa Unión e transversais cos traballos de canalización

Sanxenxo
02 de marzo 2022

Problemas coa subministración de material atrasou o inicio da actuación

Obras na rúa Unión
Obras na rúa Unión / Concello de Sanxenxo

A empresa Narom S.L. adxudicataria da mellora da Rúa Unión e os viais transversais ha iniciado a obra cos traballos de canalización e saneamento. A actuación que será financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra ten un custo de 287.277 euros e un prazo de execución de 6 meses. 

A obra comezou máis tarde do previsto debido a problemas coa subministración de materiais.

O obxectivo desta actuación é mellorar toda a contorna, a base de pavimentos de pedra, dotación de servizos, nova iluminación e introducir zonas de axardinamento para converter este espazo nunha zona atractiva e recuperable para a vida urbana. Os viais interiores da mazá de vivendas, situadas na parte posterior do edificio do Concello, atópanse moi deteriorados, con pavimentos de formigón en masa e lousas de cemento, con moi mala iluminación e deficiencia nos servizos.

Para o novo pavimento utilizaranse laxas de granito con acabado abujardado sobre soleira de formigón e escaleiras de granito macizo. Para a recollida de augas pluviais nas zonas baixas do espazo público, instálanse canlóns con reixa, así como rede de pluviais que se conectarán a diferentes rúas adxacentes, segundo as pendentes de evacuación.

Instalarase unha nova iluminación, que permita unha mellora da iluminación actual que é moi deficiente, con luminarias tipo led de aluminio coas que se logrará unha maior eficiencia enerxética.

Así mesmo, colocaranse en distintos puntos macetas de diferentes cores que permitirán un axardinamento da zona con variadas especies arbustivas e plantas. Este importante tratamento vexetal da zona axudará a mellorar a imaxe desta contorna. Tamén está prevista a colocación de papeleiras e bancos.