Un grupo de operarios comezaron esta mañá as obras de asfaltado na céntrica rúa da Oliva coa utilización de maquinaria. Estes traballos terán continuidade en González Besada e Augusto García Sánchez.
Todo o ámbito destas obras se encontra sinalizado para indicar os cambios de circulación nesa área da cidade. Durante esta xornada cortouse ao tráfico a rúa da Oliva. A entrada e saída dos garaxes e a carga e descarga realizaranse por Andrés Muruais e García Camba.
A rúa Pastor Díaz queda cortada ao tráfico de entrada, que terá que facerse a través da Praza de España. Pola contra, algún vehículo metíase por dirección prohibida a pesares da sinalización. Por esa rúa si se pode saír a Raíña Vitoria.
Cando se corte Augusto González Besada, a cuxos garaxes accederase pola Praza de Galicia, investirase o sentido no primeiro tramo de Riestra. Os vehículos procedentes da Oliva poderán saír por Pastor Díaz e Paseo de Cervantes.
Na última fase, no tramo final de González Besada cortarase ao tráfico a partir do Hotel Comercio e inverterase o sentido de circulación da rúa San Xosé en dirección a García Sánchez, onde estará prohibido estacionar. Cortarase tamén un dos sentidos de circulación entre a Praza de Galicia e a rotonda situada nas proximidades da Praza da Constitución.
Segundo os previsións, se espera que o xoves finalice o asfaltado destas rúas.