Como ten que ser unha supercasa? Os arquitectos consultan aos nenos

Pontevedra
02 de outubro 2022

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) conmemora este luns o Día Mundial da Arquitectura, efeméride que se celebra en paralelo co Día Mundial do Hábitat das Nacións Unidas, e con tal motivo celebraranse unha serie de actividades  

Campo de fútbol A Gandareira, Bandeira
Campo de fútbol A Gandareira, Bandeira /

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) conmemora este luns o Día Mundial da Arquitectura, efeméride que se celebra en paralelo co Día Mundial do Hábitat das Nacións Unidas, e con tal motivo celebraranse unha serie de actividades.

Este ano o lema é "Deseño para a saúde", co que estes profesionais queren resaltar o valor do deseño arquitectónico e da planificación urbana para garantir o benestar das persoas e mellorar a súa calidade de vida individual e colectiva, transformando realidades sociais e reducindo a desigualdade.

A delegación pontevedresa do COAG organizou una exposición coas obras galegas premiadas na XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo no primeiro andar do edificio do Mercado de Pontevedra, o ciclo IV Triálogos de Arquitectura, a conferencia do arquitecto portugués Gonzalo Byrne e o primeiro Concurso de Debuxo Infantil: "A Supercasa".

Un xurado presidido polo recoñecido ilustrador buenense Luis Davila avaliará os debuxos presentados por cativos de 1º a 6º de infantil. As obras representarán, con técnica libre, a idea do que deberá ser unha casa ideal, a súa "Supercasa", tendo moi presente aquelas carencias que durante a pandemia teñan detectado ou experimentado nos seus propios fogares. 

Haberá 3 categorías en función das idades con premios de 250, 150 e 100 euros en vales de material de debuxo ou libros.