O mundo mira a Venezuela, tras a detención do seu presidente Nicolás Maduro despois dunha intervención militar dos Estados Unidos.
Tamén o fai como non podía ser doutra maneira a importante comunidade venezolana afincada en Galicia e en Pontevedra en particular.
A Asociación de Venezolanos en Pontevedra (Asovedra) convocou de feito para este mesmo sábado 3 de xaneiro un "forte abrazo" colectivo na Praza da Peregrina pola "nova Venezuela Libre".
O colectivo representado por esta asociación fala de "esperanza en que se abra por fin o camiño cara a unha Venezuela libre, con dereitos humanos e dignidade".
Recoñece con todo que "non era o escenario que desexabamos", xa que "durante anos defendemos unha saída democrática e pacífica para Venezuela".
O encontro desta comunidade foi convocado para ás 19.00 horas.