Con decembro, tamén volven a Ponte Caldelas as tapas quentes e a artesanía

Ponte Caldelas
03 de decembro 2022

A décima edición de Caldelas Tapas Quentes comezou este venres con dez locais de hostalería apuntados.  A Praza de España acolle desde este sábado 3 a sexta edición da Feira de Artesanía e Produtos Ecolóxicos, que continuará este domingo 4

 Feira de Artesanía e Produtos Ecolóxicos 2022
Feira de Artesanía e Produtos Ecolóxicos 2022 / Concello de Ponte Caldelas

Co mes de decembro, e xusto despois da inauguración da iluminación de Nadal, Ponte Caldelas estrea outras das súas citas máis esperadas de cada inverno, o concurso Caldelas Tapas Quentes e a Feira de Artesanía e Produtos Ecolóxicos.

A décima edición de Caldelas Tapas Quentes comezou este venres con dez locais de hostalería apuntados. 

Así, participan o Asador A Fracha con mexillóns en lata, Atelier do Delirio con Tosta Atelier, Bar Valladares con Potaxe Valladares,  Bar Puente con Do campo ó ceo, Brasileiro da Ponte con Feijao Brasileiro, Jamarte con Maremonte, Klimbim con Jarrete á Toscana, Mesón Parada con Fabada Parada, Tapería Vitoria con Ameixas Vitoria e Terracita con Empanadilla curriña

A Praza de España acolle desde este sábado 3 a sexta edición da Feira de Artesanía e Produtos Ecolóxicos, que continuará este domingo 4. 

Máis de 30 expositores participan no evento cunha mostra dos mellores produtos feitos a man de toda Galicia que abren de 11.00 a 20.00 horas

Durante ambas as xornadas hai música tradicional, talleres infantís, demostración e oficios, unha exhibición de bolos celtas, espectáculo de maxia, sorteos e outras sorpresas.

A organización do evento corre a cargo da Asociación Das Miñas Mans e conta coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas.