Concedida licenza para un edificio de 14 vivendas na Rúa Mariscal Pardo de Cela

Pontevedra
02 de maio 2023

O Concello de Pontevedra concedeu licenza urbanística para a construción dun edificio no número 9 da Rúa Mariscal Pardo de Cela, esquina coa Avenida Eduardo Pondal

Parcela na rúa Mariscal Pardo de Cela onde se vai construir un edificio
Parcela na rúa Mariscal Pardo de Cela onde se vai construir un edificio / PontevedraViva

O Concello de Pontevedra concedeu licenza urbanística para a construción dun edificio no número 9 da Rúa Mariscal Pardo de Cela, esquina coa Avenida Eduardo Pondal.

O inmoble terá un total de 14 vivendas distribuídas en cinco plantas.

A portavoz do Goberno municipal, Anabel Gulías informou desta licenza aprobada este martes na Xunta de Goberno Local. 

"Falamos dunha construción de cinco plantas, baixo máis baixo-cuberta. Tamén dá cara a rúa Eduardo Pondal, chegando aí a seis plantas", sinalou.

A licenza conta cun orzamento de execución material de 1.512.600 euros.