Planean unha reforma da cabeceira da ponte de Santiago e a súa conexión coa Rúa Serra

Pontevedra
22 de maio 2025
Actualizado: 23 de maio

O estudo pontevedrés Santos-Mera Arquitectos conta cun orzamento de 15.000 euros para elaborar unha proposta de deseño. Trátase dunha obra á que levaban tempo "tentando meterlle o dente"

Cabecera sur del Puente de Santiago
Cabecera sur del Puente de Santiago / Xunta de Galicia

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra adxudicou a asistencia técnica para a elaboración do proxecto de integración urbana da ponte de Santiago e da contorna e conexión coa Rúa Serra.

O estudo pontevedrés Santos-Mera Arquitectos conta cun orzamento de 15.000 euros para elaborar unha proposta de deseño nun prazo de seis meses.

A tenente de alcalde, Eva Villaverde, informou desta decisión adoptada este xoves polo goberno local. Trátase dunha obra á que levaban tempo "tentando meterlle o dente" ao considerar que esta zona da cidade "merecía un tratamento".

Segundo explicou Eva Villaverde, o ámbito de actuación sería a cabeceira sur da ponte de Santiago e o seu entroncamento coas vivendas sociais da Rúa Serra.

Incluirá tamén a zona onde estaba antes o quiosco de Cogami que xa foi retirado.

Cabecera sur del puente de Santiago
Cabeceira sur da ponte de Santiago Concello de Pontevedra

O Concello planea unha actuación integral que mellore a mobilidade e accesibilidade e que inclúa o acondicionamento da parcela de 800 metros cadrados situada entre os edificios da rúa Serra e a avenida de Bos Aires que xa é de titularidade municipal tras unha cesión gratuíta realizada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

A recuperación desta zona de estancia pública é "unha actuación moi demandada pola veciñanza", segundo trasladaron os propios residentes ao Concello en diferentes reunións.

Eva Vilaverde, teniente de alcalde
Eva Vilaverde, teniente de alcalde   Concello de Pontevedra

Eva Villaverde indicou que o novo deseño terá que corrixir os problemas de mobilidade existentes, entre outros, os pasos de peóns están en zigzag e os peóns non poden cruzar a ponte de Santiago nesta cabeceira.

En principio, non se contemplan cambios no tráfico.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora