A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a nova oferta de emprego público do Concello de Pontevedra correspondente ao ano 2025.
En total, serán ofrecidas un total de 25 de prazas, 7 delas de promoción interna, 2 de mobilidade e 16 de acceso libre.
A relación completa é a seguinte:
Escala de administración xeral
- 7 Administrativos C1 (3 de acceso libre / 4 de promoción interna)
- 1 Auxiliar C2 (1 de promoción interna)
- 3 Subalternos AP (3 de acceso libre)
Escala de administración especial
- 1 Traballador social A2 (1 de acceso libre)
- 7 Policía C1 (5 de novo ingreso por oposición / 2 por mobilidade)
- 1 Oficial canteiro C2 (1 de promoción interna)
- 1 Oficial electricista C2 (1 de promoción interna)
- 1 Sepultureiro C2 (1 de acceso libre)
- 2 Operario AP (2 de acceso libre)
- 1 Sarxento C2 (1 de promición intera)
Ademais, quedan reservadas 3 prazas para persoas con discapacidade, sendo dúas de quenda libre e unha delas reservada para persoas con discapacidade intelectual, que será obxecto dunha convocatoria específica.
O goberno local sinala que a través desta oferta de emprego público quedarían cubertas todas as vacantes existentes tanto na Policía Local coma no corpo de Bombeiros.