Concentración do PP de Poio para pedir que o diñeiro dunha subvención "quede en Campelo"

Poio
08 de agosto 2021

Nunha concentración simbólica pola situación sanitaria, pediron que os cartos dunha subvención europea polas beirarrúas de Campelo queden na parroquia

Concentración de protesta do PP de Poio na Praza da Granxa de Campelo
Concentración de protesta do PP de Poio na Praza da Granxa de Campelo / Cristina Saiz

O Partido Popular de Poio protagonizou este domingo un acto público de protesta na Praza da Granxa de Campelo.

O motivo da convocatoria era reclamar que os 420.000 euros procedentes dunha subvención europea para a mellora de beirarrúas da parroquia "queden en Campelo", explicou o portavoz popular, Ángel Moldes asegurando que o plan é reinvestir estas cantidades noutras obras do municipio.

"Se se conseguen 420.000 euros por unha obra que se fixo en Campelo, o normal é que ese diñeiro queden en Campelo", asegurou sobre un asunto que xa levaron ao Pleno Municipal en forma de moción pero que foi rexeitada polos grupos que conforman o goberno local.

Moldes engadiu tamén o malestar que lle trasladan os veciños ante os problemas para aparcar nesta parroquia.

"Non pode ser que cada día se sancionen a ducias de persoas", defendeu o representante do PP local indicando que non se trata de sancións puntuais, senón constantes e diarias evidenciando "un síntoma do grave problema de estacionamento" que afecta tanto a veciños como a negocios.