Cunha pancarta na que se podía ler "Enchufe Clamoroso", profesores, estudantes da Escola de Restauración e Conservación de Pontevedra, ademais de representantes sindicais de CC.OO., UGT, CIG-Ensino e STEG, concentráronse ante o edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra durante a mañá deste martes 10.
Trátase dun acto máis en contra da decisión da Consellería de Educación de adxudicar unha praza dunha especialidade que non existe no centro. Insisten en denunciar que a praza non foi creada e que non se vai a impartir esa especialidade de Documento Gráfico na Escola.
Sinala que a praza foi adxudicada a Beatriz Seco, unha funcionaria en Asturias que se atopaba ocupando unha praza de libre designación na dirección do Museo Pedagóxico de Galicia e que foi a única persoa en todo o Estado que solicitou a praza ofertada na Escola de Restauración.
Os manifestantes insisten na actitude antidialogante e na falta de transparencia da administración educativa e por iso esixen que se anule a praza adxudicada.