Concepción Arenal recupera o tráfico tras as obras de humanización

Marín
24 de xaneiro 2020

Na noite deste mércores 23 de xaneiro restableceuse o tráfico nesta rúa de Marín. Permanece cortada á circulación rodada a Rúa Pitanxo con motivo da segunda fase das obras para humanizar esta zona

Apertura ao tráfico da rúa Concepción Arenal en Marín
Apertura ao tráfico da rúa Concepción Arenal en Marín / Concello de Marín

Despois de tres días de traballo intensivo, na noite deste xoves 23 abríase ao tráfico a céntrica rúa de Concepción Arenal onde se desenvolven obras de humanización coa substitución das canalizacións subterráneas.

O corte iniciábase ás 09.15 horas do martes e obrigou a cambios na mobilización de vehículos por esta contorna.

Polo momento, a Rúa Pitanxo mantense cortada á circulación rodada polos mesmos motivos, segundo a información facilitada desde o Concello de Marín. Desta forma, aquelas persoas que queiran acceder a través da Rúa Pitanxo ata Concepción Arenal deberán desviarse pola Rúa Coteiros.

As medidas de corte non afectan á cidadanía residente nesta zona e que queira deixar o seu vehículo nos garaxes.