O goberno local de Marín anunciou a conclusión dos traballos de pavimentación do camiño de Arealonga Pituco na parroquia de San Xulián. Trátase dun camiño rural que une o núcleo de Arealonga con parcelas de monte comunal.
O Concello explicou que o proxecto, subvencionado pola Xunta de Galicia dentro do Plan Marco e que recibiu tamén fondos europeos, foi adxudicado á empresa COVSA por un importe total de 38.817 euros.
A actuación consistiu na mellora do camiño reforzando tanto o firme existente como as beiravías e a infraestrutura de evacuación de augas pluviais.
Tamén se procedeu ao compactado do firme naqueles puntos onde presentaba afundimentos localizados, así como a limpeza e o perfilado de beiravías.