Conclúe a reparación da drenaxe do espazo arqueolóxico de Valentín García Escudero

Pontevedra
19 de setembro 2021

Esta intervención foi aprobada a principios de setembro polo goberno local para evacuar as augas estancadas que había na escavación debido a que deixara de funcionar o sistema de drenaxe e era preciso substituílo

Espazo arqueolóxico de Valentín García Escudeiro tras repararse os seus sistema de drenaxe
Espazo arqueolóxico de Valentín García Escudeiro tras repararse os seus sistema de drenaxe / Concello de Pontevedra

O espazo arqueolóxico de Valentín García Escudeiro volve mostrar a súa mellor cara, xa sen auga estancada.

Os traballos de emerxencia realizados no lugar para reparar a drenaxe, que deixara de funcionar, concluíron segundo informa o Concello de Pontevedra.

O goberno local aprobou a intervención o pasado 6 de setembro tras o aviso da empresa responsable do servizo de auga, Viaqua, alertando de que a escavación estaba parcialmente asolagada tanto pola auga da choiva como polas filtracións debido a un problema co sistema de drenaxe.

Os traballos aprobáronse nun procedemento de emerxencia ante a posibilidade de que a auga causase danos nos restos arqueolóxicos, ademais de supoñer a auga estancada un posible problema de salubridade.

A intervención coordinada pola concellería de Patrimonio Histórico foi realizada pola empresa Viaqua por un importe de 10.881,51 euros.