A segunda fase das obras de mellora da PO-531, consistentes na execución dunha glorieta e un novo ramal que conecta coa vía principal da localidade pontevedresa da Devesa, están na súa fase final.
Esta rotonda conecta agora con esa nova estrada e permitiu eliminar o carril central para realizar o xiro á esquerda.
A actuación nesta estrada na que circulan máis de 20.000 vehículos ao día completouse coa rehabilitación do firme do tramo, a execución das obras necesarias para a drenaxe transversal e lonxitudinal, a reposición da sinalización, a instalación de novas luminarias e un muro de contención.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou as obras xunto a representantes da asociación veciñal da Devesa para comprobar o remate dos traballos.