Conclúen as obras de construción da nova rotonda da PO-531

Pontevedra
23 de outubro 2019

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou as obras acompañado de representantes veciñais da Devesa, localidade que conta agora cun novo ramal que parte da nova glorieta

Visita do delegado territorial da Xunta á nva rotonda da Devesa Xunta de Galicia

A segunda fase das obras de mellora da PO-531, consistentes na execución dunha glorieta e un novo ramal que conecta coa vía principal da localidade pontevedresa da Devesa, están na súa fase final.

Esta rotonda conecta agora con esa nova estrada e permitiu eliminar o carril central para realizar o xiro á esquerda.

A actuación nesta estrada na que circulan máis de 20.000 vehículos ao día completouse coa rehabilitación do firme do tramo, a execución das obras necesarias para a drenaxe transversal e lonxitudinal, a reposición da sinalización, a instalación de novas luminarias e un muro de contención.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou as obras xunto a representantes da asociación veciñal da Devesa para comprobar o remate dos traballos.