Condena de dous anos de cárcere para un directivo de Oreco por falsear as facturas das obras Pasarón

Pontevedra
06 de marzo 2015

O xulgado do penal número 1 de Vigo acaba de impoñer unha condena de dous anos de prisión e multa de 1.620 euros ao directivo da empresa Oreco, José Benito V.R. por facturas falsas nas obras do Estadio de Pasarón. Durante a vista oral dixera que estes traballos foron reais asegurando que para tal fin se contrataron a 150 empregados romaneses

Público no estadio de Pasarón
Público no estadio de Pasarón

O xulgado do penal número 1 de Vigo acaba de impoñer unha condena de dous anos de prisión e multa de 1.620 euros ao directivo da empresa Oreco, José Benito V.R. por facturas falsas nas obras do Estadio de Pasarón.

A sentenza considera ao xefe de compras e membro do consello de administración da construtora Oreco autor dun delito continuado de falsidade de documento mercantil.

Entre a longa serie de delitos imputados que a sentenza declara feitos probados, a xuíza sinala que o acusado concertou no ano 2008 a entrega de facturas ficticias, por 94.467 euros por uns traballos de limpeza nas bancadas do estadio de Pasarón.

Segundo informaron as edicións viguesas de La Voz de Galicia e Faro de Vigo, durante a vista oral o directivo de Oreco dixera que estes traballos foron reais asegurando que para tal fin se contrataron a 150 empregados romaneses.