Condenado a 7 anos de prisión un veciño de Marín por unha violación cometida nas galerías Sol

Marín
10 de decembro 2016

O condenado é o veciño de Marín, Babacar M., de 39 , natural de Senegal e sen antecedentes penais, ao que a sentenza dos maxistrados pontevedreses tamén prohibe como "autor responsable" dun delito de violación, achegarse á vítima e comunicarse con ela por calquera medio durante doce anos e á medida de liberdade vixiada por unha duración de cinco anos

Babacar M., acusado dun delito de violación e outro de lesións
Babacar M., acusado dun delito de violación e outro de lesións / Mónica Patxot

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou un home a unha pena de 7 anos de prisión como autor dun delito de violación cometido o 31 de maio de 2014 nas Galerías Sol de Marín.

O condenado é o veciño de Marín, Babacar M., de 39 anos, natural de Senegal e sen antecedentes penais, ao que a sentenza dos maxistrados pontevedreses tamén prohibe como "autor responsable" dun delito de violación, achegarse á vítima e comunicarse con ela por calquera medio durante doce anos e á medida de liberdade vixiada por unha duración de cinco anos.

Tamén foi condenado como autor responsable dunha falta de lesións á pena de multa de dous meses cunha cota diaria de seis euros. Ademais, en concepto de responsabilidade civil o condenado deberá indemnizar á vítima con 20.000 euros por danos e prexuízos causados.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fixo pública esta sentenza na que se declaran "feitos probados" que Babacar estivo coa vítima nas galerías da Rúa Sol de Marín e "aínda que esta negouse a manter relacións sexuais con el, o acusado, coa finalidade de satisfacer os seus impulsos sexuais, arrastrouna polas escaleiras, empuxouna contra a reixa das galerías e, a pesar dos intentos por escapar (da vítima), non o conseguiu debido á forza exercida sobre ela polo acusado" quen tras espila obrigoulle a practicarlle unha felación e despois penetrouna varias veces.

A vítima, segundo recolle o fallo xudicial, "sufriu múltiples lesións" localizadas en cara e pescozo; así como en tronco e extremidades.

A sentenza pode ser recorrida en casación ante o Supremo.