Condenan tres persoas por agredir un policía local de Pontevedra

Pontevedra
26 de novembro 2018

Os feitos tiveron lugar o 2 de marzo de 2017 durante un operativo de seguimento por tráfico de estupefacientes na rúa San Antoniño no que se interceptaron a estas tres persoas que reaccionaron de maneira violenta causando danos a un garda

Ambulancia que se trasladou a San Antoniño despois do incidente
Ambulancia que se trasladou a San Antoniño despois do incidente / Mónica Patxot

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra foi informada este luns dunha sentenza que condena tres individuos por agredir un axente da policía local.

Os feitos tiveron lugar o 2 de marzo de 2017 durante un operativo de seguimento por tráfico de estupefacientes na rúa San Antoniño no que se interceptaron a estas tres persoas, que reaccionaron de maneira violenta causando danos a un garda.

A xustiza condenou unha destas persoas como autor dun delito de resistencia á autoridade á pena de catro meses de prisión e por un delito contra a saúde pública a un ano de prisión. Outro dos detidos é condenado a seus meses de prisión por un delito de atentado contra a autoridade polo que tamén foi condenado o último acusado a dez meses de prisión e a sete meses de cárcere por outro delito de lesións.

Ademais deberá indemnizar ao policía local en 5.108 euros, que é a cantidade reclamada polo Concello xa que a Fiscalía estimaba a indemnización en 2.940 euros por unha baixa laboral que se prolongou durante 98 días.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora