Confirmada a reincorporación da cobertura pediátrica en Cerdedo-Cotobade

Cerdedo Cotobade
23 de setembro 2024

Este luns mantiñan un encontro José Flores, xerente da área sanitaria, co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, en que se confirmaba a volta dunha pediatra xa efectiva desde o 19 de setembro. Ademais, a xerencia indicou que se incorporará un novo profesional de enfermería ao centro de saúde de Carballedo en outubro

Centro de Saúde de Tenorio
Centro de Saúde de Tenorio / Concello de Cerdedo-Cotobade

O xerente da Àrea Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores, mantivo esta luns no hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra unha xuntanza técnica co rexedor do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.

No transcurso deste encontro, que da continuidade á anterior xuntanza mantida entre este Consistorio e a Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, celebrado no pasado mes de outubro de 2023, o doutor José Flores -quen estivo acompañado pola directora asistencial Yolanda Sanduende e a directora de Atención Primaria, Itziar Melendo- confirmou ao alcalde Jorge Cubela a reincorporación da Pediatra á súa praza desde o pasado 19 de setembro, acompañada dunha profesional de Enfermaría.

Durante esta xuntanza técnica notificouse a vindeira incorporación durante o mes de outubro dun novo profesional de Enfermaría ao centro de saúde de Carballedo.

Este reforzo permitirá que a Atención Primaria no Concello dispoña de dous equipos completos de médico e enfermeiro.

Esa dotación compleméntase cos equipos de soporte de atención domiciliaria - ESAD- que continúan a súa actividade asistencial nesta poboación.

O alcalde e o xerente consensuaron para a presente semana unha visita técnica ao centro de saúde de Carballedo, cara a avanzar nas xestións para acondicionar dependencias e atender necesidades de espazos deste centro de Atención Primaria.

José Flores Arias reiterou o compromiso do Servizo Galego de Saúde para continuar coas xestións administrativas dende a Àrea Sanitaria de Pontevedra e O Salnés para acadar novas melloras de Atención Primaria nos centros de saúde do Concello de de Cerdedo-Cotobade.

O Sergas non ten previsto dotar, polo momento, de pediatra ao centro de saúde de Cerdedo, malia as peticións dos usuarios deste espazo sanitario. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora