A Policía Local de Pontevedra confiscou 5,5 gramos de haxix, unha pistola de balotes e unha navalla tipo militar durante un control de tráfico.
Segundo informaron fontes oficiais, o pasado 2 de febreiro, os axentes municipais deron o alto a un vehículo que circulaba na rotonda de José Malvar coa rúa Sequiña co fin de realizar un control ordinario.
Este vehículo circulaba coa ITV caducada, polo que os axentes procederon coa identificación do condutor e coa tramitación da correspondente denuncia.
Após esta intervención inicial, os axentes realizáronlle unha proba de drogas e unha proba de alcol, dando positivo na primeira.
No vehículo tamén viaxaban outras dúas persoas ás que lles foron intervidos: a navalla a pistola e os 5,5 gramos de haxix nunha bolsa plástica transparente.