Conselleiros do goberno de Núñez Feijóo manteñen un encontro para fomentar a política de proximidade

Pontevedra
28 de febreiro 2018

Os conselleiros de Cultura e Educación, Sanidade e Facenda reuníanse con alcaldes e voceiros do Partido Popular na provincia para mellorar a colaboración institucional

Encontro entre conselleiros e representantes municipais do Partido Popular
Encontro entre conselleiros e representantes municipais do Partido Popular / Partido Popular de Pontevedra

Os conselleiros de Cultura e Educación, Sanidade e Facenda do goberno da Xunta, que preside Alberto Núñez Feijóo, mantén este mércores un encontro con alcaldes e voceiros do Partido Popular de concellos de todoa a provincia.

Desta forma, Román Rodríguez, Jesús Vázquez Almuíña e Valeriano Martínez analizaron diversos temas de interese xeral coa intención de mellorar a colaboración institucional entre a Xunta de Galicia e a administración local.

A idea parte do presidente provincial dos populares, Alfonso Rueda, co obxectivo de fomentar o achegamento á cidadanía a través dunha nova política de proximidade. Búscase favorecer o contacto entre a administración e o administrado a través dos alcaldes e portavoces municipais do partido.

Rueda manifestaba que ao Partido Popular lle preocupa coñecer de primeira man o que pensa e sinte a xente. Entende que quen mellor pode transmitir as necesidades veciñais son os representantes municipais, que serven de termómetro desas demandas.

O presidente provincial insiste en que o PP quere que o cidadán perciba a máxima permeabilidade da xestión do goberno da Xunta porque traballa por e para eles.

O encontro prodúcese a petición dos propios alcaldes e voceiros coincidindo cos conselleiros en realizar unha posta en común para mellorar en eficiencia.

Entre os asistentes atopábase o xerente do Complexo Hospitalario de Pontevedra, José Ramón Gómez