Constituídas as dez comisións informativas do actual mandato na Deputación

Pontevedra
08 de setembro 2023

Cambian a denominación e o contido respecto ao mandato bipartito anterior co obxectivo de adecualas aos obxectivos e principios do novo goberno, apuntou o presidente provincial Luis López

Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra
Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra / Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra continuará con dez comisións informativas neste mandato, entre as que se atopa a de Contas, obrigatoria por lei para todos os gobernos.

Luis López, presidente provincial, indicaba que cambian as denominacións e o contido, respecto ao mandato bipartito anterior, para adaptalas aos obxectivos e principios do novo goberno.

As comisións serán as seguintes cos correspondentes deputados que as presiden:

  • Transparencia, Réxime Interior e Facenda, presidida por Jesús Vázquez Almuiña
  • Cooperación Local, Transfronteiriza e de Coordinación das Emerxencias Provinciais, presidida por José López
  • Turismo, Acción Comunitaria, Impulso Rural e Medio Ambiente, presidida por Javier Tourís
  • Igualdade, Políticas Sociais, Familia e Reto Demográfico, presidida por Sandra Bastos
  • Proxectos Europeos, Modernización Tecnolóxica, Adminitrativa e Axenda Dixital, presidida por María Ramallo
  • Cultura, Educación, Patrimonio Histórico, Documental e Lingüístico, presidida por Marta Fernández-Tapias
  • Deportes, Xuventude e Vida Saudable, presidida Marta Fernández-Tapias
  • Infraestruturas, Equipamentos Públicos e Mobilidade, presidida por Isabel Couselo
  • Promoción Económica, Impulso e Formación para Emprego, presidida por Rafa Domínguez
  • Comisión Especial de Contas, presidida por Alejandro Lorenzo