Constrúen un novo foso na nave de deportes náuticos de Pescadoira

Bueu
22 de xaneiro 2021

O Club de Mar de Bueu contará moi pronto cun novo foso para adestrar na nave de deportes náuticos de Pescadoira. As obras, que financia o Concello con cargo aos fondos municipais, teñen un orzamento que supera os 20.000 euros

Construción do novo foso da nave de deportes náuticos de Pescadoira
Construción do novo foso da nave de deportes náuticos de Pescadoira / Concello de Bueu

O Club de Mar de Bueu contará moi pronto cun novo foso para adestrar na nave de deportes náuticos de Pescadoira. As obras, que financia o Concello con cargo aos fondos municipais, teñen un orzamento que supera os 20.000 euros.

Os dous vasos terán 10,90 metros de longo e 2,5 metros de largo, cunha profundidade de 90 centímetros, nas que os remeiros e remeiras poderán adestrar.

Esta instalación situarase na entrada da nave e substituirá os actuais, que se atopan en mal estado, segundo destacan desde o goberno municipal de Bueu.

Xa nos últimos anos, acometérase a substitución da cuberta, a rehabilitación dos muros perimetrais exteriores, a reforma da fachada da nave, a construción dun módulo de vestiarios masculinos, a renovación do ximnasio e a mellora da accesibilidade ás praias de Petís e Pescadoira. 

A nave de deportes náuticos de Pescadoira, que no pasado era unha cetárea, foi rehabilitada para o seu uso por parte do Club do Mar Bueu e da Asociación de Embarcacións Tradicionais Os Galos, logo de que o Concello recibise a concesión administrativa do Ministerio de Agricultura durante un período de 20 anos prorrogables.