Conta atrás para anotarse a titulacións e cursos da UNED

Pontevedra
27 de setembro 2021

Entre setembro e outubro, a Universidade a Distancia (UNED) concentrou gran parte das matrículas en diversos graos, titulacións propias, másteres, cursos de idiomas ou de formación permanente

Centro Asociado da UNED en Pontevedra
Centro Asociado da UNED en Pontevedra / Mónica Patxot

Entre setembro e outubro, a Universidade a Distancia (UNED) concentrou gran parte das matrículas en diversos graos, titulacións propias, másteres, cursos de idiomas ou de formación permanente.

O centro asociado en Pontevedra da UNED informa ademais da programación dos chamados Cursos de Extensión Universitaria, que abarcan diferentes áreas e que se desenvolven ao longo de todo o ano, cunha duración variable. A gran vantaxe destes cursos é que poden seguirse de modo presencial, no centro da UNED-Pontevedra situado na rúa de Portugal en Monte Porreiro, ou en formato en liña. A UNED tamén ofrece a posibilidade de que o alumnado se matricule noutros centros, xa que a característica dos estudos a distancia permite esta flexibilidade para seguir estes cursos de extensión, aos que poden tamén acceder persoas sen formación universitaria.

Para o que resta de ano teñen matrícula aberta cursos de variedade de temáticas, como lingua de signos, o autismo no cinema, escritura autobiográfica, lexislación común para oposicións, fotografía dixital ou técnicas de estudo, entre moitos outros. A oferta de cursos de extensión da Uned pode consultarse na seguinte ligazón: extension.uned.es

COMPLETA OFERTA

A UNED ten unha ampla oferta de estudos oficiais que se complementa cunha variada proposta de títulos propios.

Para este curso académico 2021-2022 ofrece 28 graos, dos cales 11 deles son combinados, 79 másteres EES (Espazo Europeo de Educación Superior), 13 microgrados, cursos de acceso universitario adaptados a maiores de 25, 40 e 45 anos, ampla oferta de idiomas no seu Centro Universitario de Idiomas (CUID) e máis de 650 cursos de formación permanente.

Toda a oferta formativa da UNED e a matriculación pódense consultar na seguinte ligazón: https://app.uned.es/portal/admision-matricula-por-internet

Para calquera información, o centro da UNED en Pontevedra conta coa web propia  www.unedpontevedra.com, o teléfono 986 851 850, el correo eléctrónico [email protected] ou a través das redes sociais: Facebook, Twitter, Instagram o Youtube.