A Xunta de Goberno aprobará este lunes áa proposta para contratar o servizo de seguridade e vixilancia en varios edificios municipais de Pontevedra.
En concreto será na Casa Azul, na Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) e no primeiro andar do Mercado de Abastos.
Para iso, o Concello destinará unha achega económica de case 210.000 euros a esta contratación, e requiriralle á empresa Servicios SPR Vilanova SL, que dentro de dez días hábiles presente a documentación que se esixe nas cláusulas administrativas, entre ela a constitución das garantías por valor dun 5% do prezo de adxudicación.
O contrato ten unha duración de tres anos. En concreto, contrataranse dous lotes, UAD e Casa Azul por unha banda e primeiro andar do mercado por outra, por valor de 104.507,70 euros cada un, segundo traslada o Concello.
Tal e como subliña a concelleira de Benestar Social, Paloma Castro, os servizos de seguridade e vixilancia "xogan un papel esencial" para garantir o correcto funcionamento de centros asistenciais nos que, en ocasións, poden darse situacións conflitivas, "de aí a importancia de deixar en boas mans este tipo de contratos".