No concello de Ponte Caldelas, ás 15:30 horas deste mércores, declarábase un incendio forestal xunto á estrada que une Barbudo e Anceu.
Os equipos de extinción de incendios da Xunta, en colaboración con operarios municipais, lograron controlar o lume en pouco máis dunha hora. A continuación, procederon ás tarefas de arrefriamento de todo o perímetro.
A actuación coordinada estivo formada por medios aéreos e terrestres. Por parte do Concello de Ponte Caldelas, un coche bomba e operarios municipais. A Xunta despregou na zona unha brigada de extinción, dous coches bomba e dous helicópteros.
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, achegábase á zona e lembraba "a importancia de avisar rápido para evitar o avance dos incendios", como foi o caso do declarado entre Barbudo e Anceu.