Convocadas 20 bolsas de práctica laboral en oficinas de turismo da provincia

Pontevedra
24 de abril 2015

A convocatoria será por concorrencia competitiva e poderán optar a elas Graduados ou Diplomados de Turismo, Técnicos superiores de Información, Comercialización e Asistencia Turística menores de 31 anos que estean en paro. A dotación económica será de 800 euros ao mes para Graduados e Diplomados, e de 700 euros ao mes para Técnicos Superiores

Oficina de Turismo
Oficina de Turismo / Turismo Rías Baixas

A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres convocar 20 bolsas de práctica laboral en oficiñas de turismo da provincia.

Son 12 bolsas de 3 meses de duración (15 xuño-15 setembro) para os  concellos de Arbo, Covelo, Cuntis, A Estrada, Gondomar, Marín, Moaña, Meis-Armenteira, Oia, Ponteareas (Castelo de Sobroso), Silleda e Soutomaior (Castelo).

E 8 bolsas de 4 meses de duración (15 xuño-15 outubro) para os concellos de Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Nigrán, Ribadumia, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa.

A convocatoria será por concorrencia competitiva e poderán optar a elas Graduados ou Diplomados de Turismo, Técnicos superiores de Información, Comercialización e Asistencia Turística menores de 31 anos que estean en paro. A dotación económica será de 800 euros ao mes para Graduados e Diplomados, e de 700 euros ao mes para Técnicos Superiores.

Para inscribirse haberá que facer unha preinscripción a través da web da Deputación e logo presentar o xustificante electrónico xerado no Rexistro Xeral no prazo de 10 días, tralo anuncio no BOPPO. A selección seguirá igual proceso que o Plan Práctica Laboral.