Convocan doce novas plazas para marisqueo a pé en Lourizán

Pontevedra
29 de abril 2021

Os interesados dispoñen de 15 días hábiles para presentar a súa solicitude cumprindo os requisitos marcados no Decreto 425/1993

Mariscadoras na ría de Pontevedra
Mariscadoras na ría de Pontevedra / Mónica Patxot

A Consellería do Mar convoca 12 novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de Lourizán. Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumplir os requisitos esixidos no Decreto 425/1993 polos que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e presentar a documentación requirida pola Xunta.

Os interesados poderán consultar a convocatoria na páxina web da Consellería. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, a contar desde a publicación da convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na web da Consellería.

As solicitudes e documentación acreditativa deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta. Tamén se poderán presentar en papel nas oficinas de Rexistro da Xunta, oficinas de Correos ou no resto de lugares indicados na Lei de Réxime Xurídico.

Unha vez finalizado o prazo, a Consellería do Mar procederá á súa valoración. As solicitudes serán estudadas e baremadas segundo o recolleito na Resolución do 12 de novembro do 2013 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se aproba o baremo para obter o permiso de explotación para o marisque a pé.

É preciso lembrar que todas as prazas convócanse despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conte a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socioeconómicos.