Convocan unha concentración na Peregrina para pedir o pacto educativo e a derrogación da LOMCE

Pontevedra
07 de maio 2018

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia quere dar un toque de atención ás forzas políticas para que este pacto se concrete co obxectivo de resolver as necesidades da escola pública. A concentración será ás 19.30 horas na Peregrina

Ana Gento, de CCOO; Rogelio Carballo, de Tampa; y Cristóbal Salgueiro, de UGT
Ana Gento, de CCOO; Rogelio Carballo, de Tampa; y Cristóbal Salgueiro, de UGT / Alejandro Vila

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia sairá este martes 8 ás 19.30 horas á rúa cunha concentración na praza da Peregrina e chama a que a comunidade escolar apoie esta convocatoria para reclamar unha lei educativa e de consenso.

Este luns, Cristóbal Salgueiro, de UXT, Ana Gento, de CC.OO. e Rogelio Carballo, en representación da Confapa Galicia, manifestaban a súa preocupación ante a falta de actividade política para derrogar a LOMCE, a lei educativa aprobada polo Partido Popular.

Sinalan que hai máis dun ano que se creou unha Subcomisión de Educación no Congreso dos Deputados para elaborar un pacto educativo, pero que foi abandonado polo PSOE, Unidos Podemos e outros grupos parlamentarios. 

Ante esta situación e ante a "nefasta política educativa" do PP, Escola Viva, UXT, Confapa Galicia, CCOO, Sindicato de Estudantes e IESGA decidiron iniciar protestas esixindo maior financiamento para Educación, a derrogación da LOMCE e a reversión dos recortes no ensino cun incremento das bolsas. Todos estes puntos deberían estar recollidos nunha lei de consenso a través do pacto educativo.

Rogelio Carballo sinalou que "é unha esixencia alcanzar un pacto educativo" e que estarán pendentes do que suceda nos próximos meses entre as agrupacións políticas de cara a mostrar o seu apoio nas vindeiras eleccións.