A concentración está prevista para este luns ás 20.00 horas da tarde diante do edificio da Audiencia de Pontevedra.
Trátase dun acto aberto a toda a cidadanía e convocada por colectivos feministas que queren mostrar a súa repulsa polo crime machista que se producía esta fin de semana nun cámping de Oia en que un garda civil asasinaba ao seu ex parella Ana Vanessa Serén Penas.
É o segundo crime machista que se produce neste 2023 en Galicia. O axente, que se suicidou posteriormente, esperou a que a vítima saíse do traballo para dispararlle cunha escopeta causándolle a morte inmediata. O agresor contaba cunha orde de afastamento e a prohibición de comunicarse coa vítima.
O lema da convocatoria é 'Basta de violencia machista!' e forma parte doutras concentracións previstas en distintos puntos de Galicia como Ourense, Lugo ou Compostela.