Corenta e sete novos contaxios disparan os casos activos por covid-19 ata os 407

Pontevedra
16 de abril 2021

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistra un preocupante aumento dos contaxios por covid-19. Ata 47 novos infectados detectáronse nas últimas 24 horas. É, de longo, a maior cifra desde hai semanas. Os casos activos crecen a 407. Son 32 máis que onte

Xente paseando con máscaras en Pontevedra
Xente paseando con máscaras en Pontevedra / Cristina Saiz

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistra un preocupante aumento dos contaxios por covid-19. Ata 47 novos infectados detectáronse nas últimas 24 horas. É, de longo, a maior cifra desde hai semanas. Os casos activos crecen a 407. Son 32 máis que onte.

Os pacientes hospitalizados, pola súa banda, son 25 entre os tres centros hospitalarios da área pontevedresa. É un menos dos que estaban ingresados este xoves.

A maior parte destes pacientes (17) están en sendo atendidos en Montecelo. Catro máis están no Hospital do Salnés e non hai ningún no QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.

Pola súa banda, hai catro pacientes ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo. Son os mesmos que rexistraba o último balance de Sanidade.

O resto dos que contraeron o virus, outras 382 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.

Desde o inicio da pandemia 12.604 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 15 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 168 falecementos asociados ao virus.

En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 195.887, 1.278 nas últimas horas. Delas, 40 deron positivo (3,12%). A estas probas súmanse as 101.596 seroloxías realizadas ata a data. 

INCIDENCIA EN GALICIA

A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.523, 84 máis que o día anterior. Deles 608 son da área da Coruña, 173 da de Lugo, 217 da de Ourense, 407 da de Pontevedra, 642 da área de Vigo, 379 da de Santiago e 97 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 169 en unidades de hospitalización e 2.328 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 114.611 persoas curadas, rexistrándose 2.371 falecementos.

Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 1.943.285 probas PCR, 7.145 nas últimas 24 horas, que permitiron detectar 199 novos infectados.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora