Cores Tourís non descarta ser presidente provincial do Partido Popular

Pontevedra
04 de febreiro 2016

O delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra recibe con agradecemento o apoio de diversos alcaldes populares para encabezar o proxecto do Partido Popular na provincia

José Manuel Cores Tourís, delegado da Xunta de Galicia, con Javier Domínguez Lino, presidente de Sogama
José Manuel Cores Tourís, delegado da Xunta de Galicia, con Javier Domínguez Lino, presidente de Sogama / PontevedraViva
Cores Tourís fala sobre a opción de ser presidente do PP provincial /

O delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, pronunciouse este xoves 4 sobre a posibilidade de que se converta no substituto de Rafael Louzán á fronte do Partido Popular provincial

Cores Tourís non quixo rexeitar esta posibilidade e agradeceu aos alcaldes as declaracións efectuadas durante os últimos días para mostrar o seu apoio como xestor no futuro do PP de Pontevedra. Iso si, restou importancia a eses apoios indicando que se trata das "quinielas clásicas" cando se produce un cambio nun partido político.

O representante da Xunta en Pontevedra indicou que é necesario que os integrantes do partido manteñan reunións, analicen e estuden as diferentes opcións. "Creo que en Pontevedra sempre fomos un equipo", indicou Cores Tourís referíndose ao traballo desenvolvido durante os últimos anos baixo o mandato de Rafael Louzán. "Sexa quen sexa o presidente provincial seremos un equipo, onde participe todo ou mundo. É o labor que temos", engadiu José Manuel Cores Tourís mostrando un afable sorriso ao refererirse ao futuro do partido ao que pertence e que, segundo as distintas propostas dos alcaldes, contaría con outra alternativa representada pola figura do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda