O coro da Xunqueira 1 pon en pé ao público do Pazo da Cultura coa súa actuación "feroz"

Pontevedra
25 de xaneiro 2026
Actualizado: 19:53

Moitos acudiron coa ilusión de ver brillar ás grandes estrelas do panorama cinematográfico nacional, pero quen realmente conquistou ao auditorio foi o Coro da Xunqueira 1

Así viviu o público a Gala no Auditorio do Pazo da Cultura
Así viviu o público a Gala no Auditorio do Pazo da Cultura / Lucía Otero

O Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra encheuse este sábado de emoción e expectación. As 900 invitacións que o Concello puxo o pasdo luns a disposición do público para seguir a retransmisión da Gala dos Premios Feroz esgotáronse en apenas unhas horas, confirmando as ganas da cidade de vivir unha noite moi especial ligada ao cine e á cultura.

Desde o primeiro momento, o ambiente foi festivo e próximo. A cerimonia seguiuse en pantalla xigante entre aplausos, sorrisos e a sorpresa de recibir a visita dalgúns dos premiados, que compartiron os seus trofeos e dedicaron unhas palabras de agradecemento a un público entregado.

Moitos acudiron coa ilusión de ver brillar ás grandes estrelas do panorama cinematográfico nacional, pero a noite reservaba un protagonismo inesperado e profundamente emotivo. Quen realmente conquistaron ao auditorio foron os integrantes do Coro do instituto Xunqueira 1.

Sobre o escenario interpretaron o tema co que participaron na Gala, unha coidada adaptación do "No cambies" de Yurena, con arranxos do compositor Juanjo Rodal. A actuación desatou unha ovación longa e sentida, culminada con todo o público en pé, recoñecendo o talento e a paixón dun coro que leva xa dúas décadas deixando pegada.

Actuación do Coro do IES Xunqueira 1PontevedraViva

Con vinte anos de traxectoria ás súas costas, os seus integrantes están afeitos renovarse, a participar en grandes citas e a viaxar por España e Europa. Pero noites como a deste sábado, arroupados pola súa cidade e emocionando a un auditorio cheo, quedan gravadas para sempre na memoria colectiva de Pontevedra.

 

Arquivado en