Corte de auga en Jaime Janer este luns por obras de saneamento

Marín
21 de setembro 2024

O corte se producirá entre as 9:00 e as 13:00 horas e afectará á Urbanización Virxe do Carme, á Rúa Jaime Janer, desde a Rúa do Souto ata a Rúa Enrique Turral, e á marxe esquerda da Rúa Recamán  

A auga que saía na tubaxe na rúa Jaime Janer de Marín
A auga que saía na tubaxe na rúa Jaime Janer de Marín / PontevedraViva

O luns 23 de setembro producirase un corte de auga puntual en Marín para realizar a conexión coa rede municipal da nova tubaxe colocada polas obras de mellora do saneamento do río Lameira.

O corte se producirá entre as 9:00 e as 13:00 horas e afectará á Urbanización Virxe do Carme, á Rúa Jaime Janer, desde a Rúa do Souto ata a Rúa Enrique Turral, e á marxe esquerda da Rúa Recamán.

Desde o Concello entenden as molestias que estas obras están a producir entre a veciñanza, pero indican que a súa importancia "é vital para a mellora do saneamento e a recuperación medio ambiental do río Lameira".

Ademais, con estas melloras en Jaime Janer evitaranse futuras fugas e avarías, que se producían pola antigüidade das instalacións.