Corte de tráfico nun tramo da rúa Progreso

Sanxenxo
03 de abril 2019

O tramo cortado será o que transcorre desde a Rúa Sanxenxo, ata o entroncamento coa Avenida de Madrid. Trátase do mesmo tramo que xa se cortou o pasado mes de xaneiro para a instalación do colector

Telmo Martín na rúa Progreso con técnicos da empresa INOR
Telmo Martín na rúa Progreso con técnicos da empresa INOR / Concello de Sanxenxo

Un tramo da rúa Progreso permanecerá cortado durante cinco días. Será desde o martes 9 ata o sábado 13 de abril.

O tramo cortado será o que transcorre desde a Rúa Sanxenxo, ata o entroncamento coa Avenida de Madrid. Trátase do mesmo tramo que xa se cortou o pasado mes de xaneiro para a instalación do colector.

O tránsito que circule en sentido Sanxenxo-Pontevedra, terán que subir pola Rúa Sanxenxo e volver incorporarse á PO-308 na zona de Miraflores ou na zona de Nanín. E, aqueles vehículos que circulen en sentido contrario, é dicir Pontevedra-Sanxenxo, terán que facelo pola Avenida de Madrid e o Paseo de Silgar.

CENTROS EDUCATIVOS

O Concello de Sanxenxo puxo en marcha actuacións de mellora da seguridade viaria na contorna dos centros educativos. A Concellería de Educación e a Policía Local realizaron un informe das necesidades do Ceip Cruceiro, Ceip Nantes, Ceip Portonovo, Colexio Abrente, IES Vilalonga, Ceip A Florida e Escola Infantil O Tombo.

As obras recollen o repintado e ampliación de pasos de peóns, sendas peonís e zonas de aparcadoiro, ademais de instalación de sinalización vertical ou modificación dos caxetíns de horarios.

Estas actuacións van realizar de maneira progresiva e tendo en conta a situación das vías afectadas, cun orzamento que ascende a 8.125 euros.