Cortes de luz por tarefas de mantemento en Noalla

Sanxenxo
03 de xuño 2018

Co fin de executar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, o próximo 6 de xuño, entre as 15.30 horas e as 18.00, varios lugares da parroquia de Noalla quedarán sen servizo

Estación de subministro eléctrico
Estación de subministro eléctrico

Co fin de executar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, o próximo 6 de xuño, entre as 15.30 horas e as 18.00, varios lugares da parroquia de Noalla quedarán sen servizo.

Segundo informaron desde o Concello de Sanxenxo haberá interrupcións na subministración da electricidade, en pequenos intervalos de tempo.

Os lugares da parroquia afectados son A Lanzada e Telleiro.

Para calquera aclaración respecto diso poden contactar cos responsables dos traballos no teléfono 900.333.999.