Cotobade anuncia a data da Feira de Cuspedriños

Cerdedo Cotobade
21 de abril 2015

A festa terá lugar durante todo o día 7 de xuño no entorno da capela, o parque, o mercado e as carballeiras de Cuspedriños en San Xurxo de Sacos

Feira tradicional de Cuspedriños 2014
Feira tradicional de Cuspedriños 2014 /

O Concello de Cotobade, deu a coñecer a data na que terá lugar a xa tradicional, Feira de Cuspedriños. Este ano será o primeiro domingo do mes de xuño, o día 7.

Como todos os anos poden xa solicitar espazo ou posto para a Feira, todos os artesáns e produtores que desexen participar.

Para facelo deberán presentar unha solicitude ao efecto no Concello de Cotobade.

Esta solicitude está na páxina web do concello e é aberta e gratuíta. Despois os postos serán seleccionados en función do interese que aporten á feira.