Cotobade conxela o salario do alcalde

Cerdedo Cotobade
30 de xuño 2015

O Pleno de Cotobade aprobou por maioría absoluta os acordos polos que se nomea tenentes de alcalde a Fernando Vázquez Corbacho, María Dolores Pichel Lois e María Galiza Aguete Dorrío e se delega en cada concelleiro unha área de goberno. Ningún terá dedicación exclusiva, tan só Cubela

Jorge Cubela, voceiro provincial do PP
Jorge Cubela, voceiro provincial do PP

Cotobade aprobou este martes a organización do Concello durante o presente mandato, no que o alcalde, Jorge Cubela, terá o salario conxelado. A proposta de retribución da súa dedicación exclusiva durante os vindeiros catro anos recolle a mesma cantidade de cartos que os pasados catro anos, 35.000 euros brutos, por debaixo do tope permitido pola Lei para este municipio, que son 40.000 euros.

O Pleno de Cotobade aprobou por maioría absoluta os acordos polos que se nomea tenentes de alcalde a Fernando Vázquez Corbacho, María Dolores Pichel Lois e María Galiza Aguete Dorrío e se delega en cada concelleiro unha área de goberno. Ningún terá dedicación exclusiva, tan só Cubela. 

O reparto de concellerías será o seguinte: Urbanismo, Obras e Infraestucturas, Fernando Vázquez Corbacho; Promoción Económica e Turismo, María Pichel Lois; Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Educación, María Galiza Aguete Dorrio; Medio Ambiente, Saneamento e Abastecemento de Augas, José Pichel Garcia; Deportes, Xuventude e Asociacionismo, Bruno Portela Leiro; e Mantemento Viario e Brigadas, Javier Lois Abal.

Jorge Cubela resalta a compactación dun equipo formado por sete persoas que traballarán en cadansúa área e que o Goberno local mantén o seu compromiso e a súa palabra do Programa Electoral de manter unha soa dedicación exclusiva, a do alcalde.