Cotobade mellorará a estrada N-541 ao seu paso por Tenorio

Cerdedo Cotobade
12 de marzo 2015

O Concello de Cotobade, a través do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 da Deputación Provincial, vai a levar a cabo o proxecto de mellora da seguridade vial no tramo antigo da estrada N-541 ao seu paso por Tenorio entre os núcleos de Río Tenorio e Cachadiñas (Covas)

Escultura na rotonda da N-541 en Tenorio

O Concello de Cotobade, a través do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 da Deputación Provincial, vai a levar a cabo o proxecto de mellora da seguridade vial no tramo antigo da estrada N-541 ao seu paso por Tenorio, entre os núcleos de Río Tenorio e Cachadiñas (Covas).

O vial cedido ao Concello de Cotobade polo Ministerio de Fomento conta cunha lonxitude de 2.500 metros. As obras a realizar consisten na sinalización horizontal e vertical, e a colocación de 14 cubrecolectores de madeira para a protección dos colectores e a restauración dun muro caído.

Procederase á instalación de seis lombos nos pasos de peóns

Deste xeito, pintarase toda a travesía, incluíndo os pasos de peóns (lombos), entronques con outras vías, límites de velocidade, frechas, franxas de estacionamento, emprazamento de contedores, así como a instalación de sinais complementarias nos pasos elevados de peóns.

En canto á protección e seguridade procederase á instalación de seis lombos nos pasos de peóns cumprindo os criterios de accesibilidade e seguridade ademais da instalación de 380 metros de biondas de protección para evitar o risco de caida de vehículos.

O importe do proxecto ascende aos 74.176,82 euros.