#CotobadeenTapas pecha a III Edición con medio millar de tapas vendidas

Cerdedo Cotobade
29 de setembro 2014

De venres a domingo os 7 locais participantes pecharon esta edición co medio millar de tapas servidas aos clientes

Unha das tapas participantes no concurso
Unha das tapas participantes no concurso

Medio millar de tapas vendidas é o balance da terceira edición de #CotobadeenTapas celebrado esta fin de semana e no que participaron sete locais.

Na xornada do domingo o xurado formado polos integrantes de Galicia Gastro visitou todos os establecementos para elixir a tapa gañadora que se dará a coñecer o día 18 de outubro.

As redes sociais foron unha das apostas da organización desta cita gastronómica coa colaboración de Bodegas Fermenta para o premio da #selfietapa, unha iniciativa que obtivo un éxito entre os participantes.

Deste modo Cotobade reinvidicouse como destino gastronómico de interior.